• 739followers
Anímate a emprender! Cooperativízate!

Anímate a emprender! Cooperativízate!

A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Relacións Laborais, leva a cabo un labor de fomento e promoción do cooperativismo como unha boa opción para entrar no mercado laboral ao rematar os estudos. A través desta páxina en Tuenti, pretendemos achegarvos ao Cooperativismo e á Economía Social. Animádevos a emprender, creade unha cooperativa e poñede o voso futuro nas mellores mans posibles: as vosas! Apuntádesvos?

Estás estudando? Pois seguramente xa estarás cavilando en que vas traballar cando remates, non si? Ao mellor es dos que ten espírito emprendedor e tes unha boa idea para desenvolver o teu propio proxecto. Crear a túa empresa e ser o teu propio xefe atráeche, non si? Ao mellor ata compartes esa ilusión con outros compañeiros, pero non tedes claro como levala a cabo. Pensastes en unirvos e formar unha cooperativa? Sabede que é unha boa opción para entrar no mercado laboral.

  • 05:04Cooperativizate!

    Cooperativizate!

    37 plays

  • Aquí achegaremos toda a información que necesitades acerca do cooperativismo: que é, casos de éxito, trámites para formala, etc.

    O cooperativismo ciméntase en valores como a solidariedade e o traballo en equipo. Practicádelos con asiduidade? Se é así, chegaredes moi lonxe no xogo 'Perdidos en Cooperalia!' que vos propoñemos, un xogo que recorda a famosa serie de televisión 'Perdidos' que vistes moitos de vós. Si, si, de verdade! Atrevédevos! A ver quen é quen de superar todas as probas! http://www.cooperativasdegalicia.com/cooperclan/xogar.html

    Máis información sobre o cooperativismo:

    http://cooperativasdegalicia.com/

    http://eusumo.coop/glg/index.php

    http://traballo.xunta.es/

    Expand descriptionClose description

    Wall

    Anímate a emprender! Cooperativízate!

    Como parte das actividades deste '2012, Ano Internacional das Cooperativas', entidades e persoas a título individual están a unir a súa voz mediante a sinatura dun Manifesto a prol do cooperativismo na construción dunha sociedade mellor. Se credes que a cooperación é un bo camiño para mellorar o mundo, asinade aquí... http://www.cooperativasdegalicia.com/webs/anocoop2012/?page_...

    Yesterday, 19:36

    Anímate a emprender! Cooperativízate!

    Sabías que en Galicia hai máis percebeiras que percebeiros? Si, si, moita xente cre que é unha profesión de homes polo risco que supón enfrontarse á bravura do mar entre as rochas, pero non é así. Lola e a súa filla, Andrea, que é percebeira con só 21 anos crearon unha cooperativa que vende percebes de xeito directo por Internet para que se valore o seu traballo e o consumidor acade un mellor prezo http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2012/05/11/percebe...

    May 14, 20:09

    Anímate a emprender! Cooperativízate!

    Como estamos no Ano Internacional das Cooperativas, puxemos en marcha unha web conmemorativa deste 2012. A ver que che parece! A páxina inclúe información sobre o ano internacional e nela iranse incorporando as actividades que se van realizar ao longo de todo o ano como parte da difusión e o fomento do cooperativismo do Consello Galego de Cooperativas. Velaiquí a tés ao teu dispor... http://www.cooperativasdegalicia.com/webs/anocoop2012/

    May 11, 20:21

    Anímate a emprender! Cooperativízate!

    Lembramos que o 17 de maio remata o prazo para que o alumnado e o profesorado participe no certame "Cooperativismo no Ensino" a través destas tres modalidades: a) Debuxo, pintura, fotografía e vídeo dirixida ao alumnado de Infantil e Primaria; b) Actividades cooperativizadas dirixidas ao alumnado de Secundaria; e c) Proxectos empresariais cooperativos para o alumnado e o profesorado de FP. Os premios van de 2.700 a 6.000 euros. Veña, participade! http://www.innovacioncooperativas.com/content/convocado-o-ce...

    May 10, 20:35

    Anímate a emprender! Cooperativízate!

    Que importante é que dende pequenos aprendamos os valores do cooperativismo e o emprendemento! No Concello da Coruña téñeno claro e o próximo 26 de maio terá lugar, no Obelisco, a clausura do V Proxecto Semente. Alí, as 19 cooperativas escolares creadas máis de 350 alumnos de Primaria e Educación Especial venderán os produtos que elaboraron durante o curso. Non perdades a oportunidade e achegádevos! http://www.coruna.es/servlet/Satellite?pagename=Empleo%2FPag...

    May 8, 19:53

    Anímate a emprender! Cooperativízate!

    Non esquezas que ademáis do Tuenti e o Facebook, tamén estamos no Twitter dende hai uns días. Se tes conta ou che gusta a rede dos 140 caracteres, estaremos encantados de darche a benvida en @cooperativizate... http://twitter.com/cooperativizate

    May 7, 18:50

    Anímate a emprender! Cooperativízate!

    O Consello Galego de Cooperativas segue a ofrecer cursos formativos de xeito gratuíto a través da súa Plataforma de Teleformación. Se tes interese, estes son os cursos que rematan o prazo de inscrición este mes de maio, apúntate!! Hainos dende Muller, Cooperativismo e Igualdade; Responsabilidade Social; Marketing/Comercialización; Planeamento Estratéxico; e Formación cooperativa básica ata Habilidades sociais en cooperativas e empresas de economía social http://www.teleformacioncooperativa.com/ga/edicions/show_edi...

    May 4, 20:26

    Anímate a emprender! Cooperativízate!

    Alguén dixo que as redes sociais tamén funcionan como unha gran cooperativa porque precisan da participación democrática para funcionar. Tras Tuenti e Facebook, agora abrimos a nosa rede de emprendemento cooperativo en Twitter. Se algún de vós está na rede dos 140 caracteres, darémosvos unha cordial benvida en @cooperativizate... http://twitter.com/cooperativizate

    May 3, 19:16

    Anímate a emprender! Cooperativízate!

    Canto hai que non entras en 'Perdidos en Cooperalia' e botas unha partida? Lembra que para superar os perigos da illa con éxito e salvar ao Profesor Copérnico tes que conseguir que os membros do Coperclan, Fil, Erma e Coton, cooperen entre eles e poñan a súa habilidade e talento en función do grupo... Serás capaz? http://www.cooperativasdegalicia.com/cooperclan/xogo.html

    May 2, 18:11

    Anímate a emprender! Cooperativízate!

    Emprender en "solitario" ou en "solidario"? Se che atrae a segunda alternativa, é que estas na órbita da cooperación e as cooperativas. Como Pilar, Ana e Carme... http://www.cooperativasdegalicia.com/ideas/axuda.htm

    Apr 30, 19:27